Noticias :: Dossier de prensa

  • 10 / 07 / 2014

    A artista Ángeles Jorreto presenta os seus "Soños sobre lenzo" no Museo Municipal

    A artista Ángeles Jorreto presenta os seus "Soños sobre lenzo" no Museo Municipal
    A exposición poderase visitar ata o día 31 de agosto



    Actividade: Presentación da exposición: Soños sobre lenzo.

    Autora: Ángeles Jorreto.

    Datas: Do 3 de xullo ao 31 de agosto de 2014.

    Lugar: Museo Municipal (Ourense).

    Entrada: Gratuita.

    Ourense, 03 de xullo de 2014

    Soños sobre lenzo. Este é o título que a artista Ángeles Jorreto seleccionou para a exposición pictórica que agora presenta no Museo Municipal da cidade. E foi así porque, segundo explicou na rolda de prensa de presentación da mostra, "porque primeiro vexo a imaxe pero despois pásoa polo filtro dos soños para crear de novo outra obra". No acto, a pintora estivo acompañada pola concelleira de Educación e Cultura, Ana Garrido, e pola Directora de Espazos Expositivos, Eva Torres.


    Soños sobre lenzo é unha exposición formada por 50 obras que se reparten nas salas I e II deste espazo expositivo. Jorreto sinalou que na sala I "está todo o relacionado coa terra" e, na sala II "todo o relacionado coa auga e co mar". Na mostra hai unha clara predominancia de rostros femininos porque, segundo a súa autora, "os rostros é algo que me apaixoa porque me permite expresarme de moitas maneiras; sen caer nos rasgos persoais, tento buscar a esencia das persoas, unhas veces nos xestos e outras mesmo xogando cos títulos das obras buscando provocar a reflexión no espectador".


    Falou tamén Ángeles Jorreto da técnica que utiliza para pintar. "Utilizo técnica mixta porque me gusta xogar con diferentes texturas e materiais, facendo un xogo ao non convencional e buscando calquera elemento para pintar".


    Unha pintura "diferente e colorista"


    Tanto Ana Garrido como Eva Torres louvaron o gran traballo da artista, ourensá afincada en Vigo. Nesta liña, Eva Torres falou da obra de Jorreto subliñando que "é unha pintura diferente e colorista" e facendo fincapé no feito de que, "tanto polas súas exposicións como pola súa traxectoria, xa que leva toda a vida pintando, nos parece moi interesante".


    A exposición de Ángeles Jorreto no Museo Municipal forma parte do proxecto museístico no que dende hai anos está a traballar a sala. Jorreto forma parte do Museo dende o ano 2010 coa obra: Metrópolis -inventario 1256-, que xa forma parte da colección que custodia o Museo nos seus fondos.


    A mostra poderase visitar ata o día 31 de agosto.



    Eventos relacionados

    03/07/2014. 20:00h. Museo Municipal (Ourense). Inauguración da exposición: "Soños sobre lenzo"04/07/2014 - 31/08/2014 Exposición: "Soños sobre lenzo"

    leer más

  • 24 / 07 / 2012

    Talento y genio en Méndez Nuñez - La Opinión A Coruña

      MARCOS ZABALA | A CORUÑA El arte gallego está en un momento álgido. Esa es la afirmación que prácticamente la totalidad de los miembros de ARGA defienden. Galicia inspira, evoca y emociona, y ellos saben aprovecharlo para plasmarlo todo sobre el papel con pinceladas de ingenio. Óleo, acuarela, pastel, acrílico... incluso arena. Todo vale para unos autores que hablan de Galicia para los gallegos y para el resto del mundo.

    leer más

  • 06 / 06 / 2012

    Ángeles Jorreto en Atlántico Diario

    Explosión de sensaciones a través de la pintura, por Ángeles Jorreto. 

    leer más

  • 21 / 03 / 2012

    Ángeles Jorreto en Faro de Vigo

    Ángeles Jorreto muestra su particular visión de Vigo a través de la pintura.

    leer más


volver